• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

El amor y sus penas

X. CORREDOYRA

El amor y sus penas
INV:
706
Año de creación:
1916 (Circa)
Dimensiones:
144 x 89 x 0
Técnica:
Óleo/Tea

Comentarios

As figuras, deseñadas cun canon alongado, manierista, destacan en primeiro termo, iluminadas por unha forte luz que acentúa a palidez das súas faces e modela as carnacións cun suave clarescuro. A moza, con expresión doce e melancólica á vez, enlaza as súas mans por diante e suxeita unha cortinaxe coa que cobre o seu grávido ventre; ao seu lado, coa mirada baixa, o confidente das súas penas. Entre a zona escura que respalda as figuras e a perspectiva da praza, créase un ambiente de misterioso contido espiritual. Á paleta contrastada de brancos e negros únese sen estridencias a policromía das cortinas, de grande valor decorativo. Este vello recurso, empregado con orixinalidade, aumenta o valor da composición, executada cunha técnica impecable.

Bibliografía

F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 28.

Exposiciones

"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Jesús Corredoira". Casa da Parra, Santiago de Compostela. Do 20 de maio ao 20 de xuño.1998.


 

Reproducciones

"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 1, páxina 121.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78