• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

JORGE CASTILLO

Sin título
INV:
692
Año de creación:
1974
Dimensiones:
40 x 30 x 0
Técnica:
Augaforte

Comentarios

Estructúranse cun entramado de verticais, horizontais e unha signografía de círculos, raias, manchas, elementos vexetais e animais, que forman parte do universo, persoal, entre o real e o imaxinativo. Enlaza coa tradición clásica, da que extrae claves e datos plásticos cos que constrúe as súas propias visións, ás que dota dunha poética propia, innovadora, chea de lirismo.

Dá vida a antigas mitoloxías, establecendo un xogo de relacións entre o masculino e o femenino, vivido no rito sexual dos amantes, contrastando a beleza da muller e a agresividade do home espido, no ámbito dunha estancia íntima na que destaca un leito de teas e tapices, cunha carga de erotismo enfatizada con acentos surrealistas e unha sensibilidade cara ó grotesco.

Ó estilo de Bacon, concibe un personaxe sentado, dentro dunha estructura xeométrica aberta, que, a modo de gaiola transparente, o ílla do seu entorno, cun concepto escénico do espacio.

As cualidades abstractas de liña de Ingres e as súas formas son valoradas polo artista, que se recrea na pureza do trazo que atraviesa a superficie baleira do papel e con só un contorno, sen modelado, dá corpo a unha silueta, detallando o seu tocado, cun inconfesable parentesco con odaliscas e sultanas.

Dentro da serie "Variaciones sobre Ingres" destaca a bela evocación de "Mademoiselle Riviére" reinterpretación case elexíaca do tema, resucitando un motivo clásico con lucidez formal e concisión na narración. A figura, pechada no óvalo do marco, recórtase sobre a paisaxe lacustre conservando a súa elegancia intacta nun escenario de múltiples acentos surrealistas. As sombras enturban a súa face, como se a memoria se negase a seguir lembrando, rodeándoa dunha serie de símbolos dos que a expresión é a súa capacidade de misterio que a converte nalgo transcendente, demostrando que todo é susceptible de ser re-exposto, que nada queda definitivamente resolto na arte.

M. L. I. J.


Bibliografía

"Jorge Castillo", Catálogo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela 2001.

Exposiciones

"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. (II)" do 8 de abril ó 7 de maio de 1987 na Sala de Exposicións Caixavigo; "Castillo" Exposición Antolóxica, Museo do Pobo Galego, Casa da Parra, Casa da Conga, novembro e decembro de 1990, Santiago.

Reproducciones

"Castillo" Catálogo da Exposición Antolóxica dirixido por María Luísa Borrás, na páx.318.

"Jorge Castillo", catálogo da exposición no Centro Galego de Arte Contemporánea, 2001.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78