Sin título
- INV:
- 688
- Año de creación:
- 1974
- Dimensiones:
- 30 x 40 x 0
- Técnica:
- Augaforte/papel
Comentarios
Estructúranse cun entramado de verticais, horizontais e unha signografía de círculos, raias, manchas, elementos vexetais e animais, que forman parte do universo, persoal, entre o real e o imaxinativo. Enlaza coa tradición clásica, da que extrae claves e datos plásticos cos que constrúe as súas propias visións, ás que dota dunha poética propia, innovadora, chea de lirismo.Dá vida a antigas mitoloxías, establecendo un xogo de relacións entre o masculino e o femenino, vivido no rito sexual dos amantes, contrastando a beleza da muller e a agresividade do home espido, no ámbito dunha estancia íntima na que destaca un leito de teas e tapices, cunha carga de erotismo enfatizada con acentos surrealistas e unha sensibilidade cara ó grotesco.
Ó estilo de Bacon, concibe un personaxe sentado, dentro dunha estructura xeométrica aberta, que, a modo de gaiola transparente, o ílla do seu entorno, cun concepto escénico do espacio.
As cualidades abstractas de liña de Ingres e as súas formas son valoradas polo artista, que se recrea na pureza do trazo que atraviesa a superficie baleira do papel e con só un contorno, sen modelado, dá corpo a unha silueta, detallando o seu tocado, cun inconfesable parentesco con odaliscas e sultanas.
Dentro da serie "Variaciones sobre Ingres" destaca a bela evocación de "Mademoiselle Riviére" reinterpretación case elexíaca do tema, resucitando un motivo clásico con lucidez formal e concisión na narración. A figura, pechada no óvalo do marco, recórtase sobre a paisaxe lacustre conservando a súa elegancia intacta nun escenario de múltiples acentos surrealistas. As sombras enturban a súa face, como se a memoria se negase a seguir lembrando, rodeándoa dunha serie de símbolos dos que a expresión é a súa capacidade de misterio que a converte nalgo transcendente, demostrando que todo é susceptible de ser re-exposto, que nada queda definitivamente resolto na arte.
M. L. I. J.