• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

JORGE CASTILLO

Sin título
INV:
687
Año de creación:
1974
Dimensiones:
30 x 43 x 0
Técnica:
Augaforte/papel

Comentarios

Estructúranse cun entramado de verticais, horizontais e unha signografía de círculos, raias, manchas, elementos vexetais e animais, que forman parte do universo, persoal, entre o real e o imaxinativo. Enlaza coa tradición clásica, da que extrae claves e datos plásticos cos que constrúe as súas propias visións, ás que dota dunha poética propia, innovadora, chea de lirismo. Dá vida a antigas mitoloxías, establecendo un xogo de relacións entre o masculino e o femenino, vivido no rito sexual dos amantes, contrastando a beleza da muller e a agresividade do home espido, no ámbito dunha estancia íntima na que destaca un leito de teas e tapices, cunha carga de erotismo enfatizada con acentos surrealistas e unha sensibilidade cara ó grotesco. Ó estilo de Bacon, concibe un personaxe sentado, dentro dunha estructura xeométrica aberta, que, a modo de gaiola transparente, o ílla do seu entorno, cun concepto escénico do espacio. As cualidades abstractas de liña de Ingres e as súas formas son valoradas polo artista, que se recrea na pureza do trazo que atraviesa a superficie baleira do papel e con só un contorno, sen modelado, dá corpo a unha silueta, detallando o seu tocado, cun inconfesable parentesco con odaliscas e sultanas. Dentro da serie "Variaciones sobre Ingres" destaca a bela evocación de "Mademoiselle Riviére" reinterpretación case elexíaca do tema, resucitando un motivo clásico con lucidez formal e concisión na narración. A figura, pechada no óvalo do marco, recórtase sobre a paisaxe lacustre conservando a súa elegancia intacta nun escenario de múltiples acentos surrealistas. As sombras enturban a súa face, como se a memoria se negase a seguir lembrando, rodeándoa dunha serie de símbolos dos que a expresión é a súa capacidade de misterio que a converte nalgo transcendente, demostrando que todo é susceptible de ser re-exposto, que nada queda definitivamente resolto na arte. M. L. I. J.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78