Maternidad
- INV:
- 681
- Año de creación:
- 1945
- Dimensiones:
- 105 x 160 x 0
- Técnica:
- Óleo/táboa
Comentarios
No primeiro termo, á dereita, a nai, sentada, sobre a herba, aloumiña a cabeza do fillo, que se apoia no seu regazo, co corpo espido, tumbado de costas ó espectador; detrás unha égoa e un potriño recórtanse sobre a paisaxe, no fondo da cal se ve unha carreta e unha tenda de campaña. Animais e seres humanos articúlanse nunha bela analoxía, que exalta a unión do home coa natureza, sen efectismos emotivos, creando unha atmosfera de tenrura e poesía arredor das figuras. A cabeza da muller, loira, resalta sobre o fondo escuro do corpo da egua cun lirismo plástico de exquisita sensibilidade.Sobre unha gamma de verdes, grises, marróns e ocres, destacan os brancos e as suaves tonalidades das carnacións.Exposiciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo, S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.