• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Extraña visión

ALFONSO COSTA

Extraña visión
INV:
677
Año de creación:
1976
Dimensiones:
114 x 146 x 0
Técnica:
Mixta/tea

Comentarios

Encol dunha superficie pictórica dividida en dúas zonas moduladas por diferentes matices de cor, plasma o artista o encontro entre dous personaxes que invaden o espacio, inseguros, coma se dunha escena mística se tratase. As figuras, cos membros desparrados e os corpos descompostos en lentos desprazamentos, forman parte dun universo que tan só nos é posible coñecer a través do soño ó que o artita, como un medium, nos achega. A materia elaborada, sensibilizada con veladuras e raspaduras, cobre levemente o soporte, deixando ve-la urdidura da tea en harmonía de ocres, sienas, avermellados, marróns, grises e negros, contrapunteados polo azul.

Exposiciones

"Artistas gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo M. de Ourense, Museo do Pobo Galego, Santiago, e Kiosko Alfonso, A Coruña, novembro e decembro 1988 e xaneiro e febreiro 1989; "Artistas galegos na Colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo 1989, Casa D. Hugo, Porto; "Arte galega na Colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992 no Auditorio de Galicia, Santiago.

"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.

"A vértixe na mirada". Pazo de Fonseca- Santiago. Do 27 de xaneiro ao 15 de marzo de 2005.

"Alfonso Costa" Antolóxica. Centro Cultural Caixanova. Vigo do 28 de outubro ao 29 de novembro de 2009. Centro Social Caixanova de Pontevedra do 17 de decembro de 2009 ao 24 de xaneiro de 2010. Centro Social Caixanova de Ourense. Do 4 de febreiro ao 14 de marzo de 2010.

Reproducciones

"Alfonso Costa", Xavier Costa Clavell, Santa Coloma de Gramanet 1984; "Arte galega na colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº 18.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78