Comentarios
Ampla panorámica con agrupamento de casas, cruce de camiños, lombas e campos perdéndose na fermosa lontananza enlazando co ceo. O punto de vista alto permítelle ó pintor dar unha visión máis abstracta e lírica da paisaxe, na que a composición e a plasticidade son máis importantes que o seu significado conceptual. Todo está visto a través dunha bruma abrancazada que desdebuxa as formas e dálle ó conxunto unha tonalidade azul e gris verdosa con acentos rosados.
Exposiciones
"Antonio Quesada", Antolóxica homenaxe, febreiro de 1994, na sala do Centro Cultural Caixa Ourense.