MARISCANDO
- INV:
- 645
- Dimensiones:
- 18 x 24 x 0
- Técnica:
- LAPIS / PAPEL
Comentarios
Cinco mulleres descalzas, con panos na cabeza, realizan faenas de marisqueo á beira do mar. As figuras xorden do papel en distintas posicións, con xestos e actitudes que revelan a dureza deste traballo. Unha delas mira con atrevemento o espectador. Con extraordinaria destreza, capta ritmos e formas plásticas, realzadas cunsombreado que exalta os volumes e acentúa, por contraste, os efectos lumínicos.