Comentarios
Dúas figuras, cun bebé sobre as súas cabezas, apóianse nun muro que teñen diante coma se estivesen asomadas a unha fiestra; ó fondo,hai unhas casas e un ceo limpo no que brilla a lúa. As tres figuras únense cun movemento encadeado a través das cabezas, as mans, e a roupa do neno que, cun grafismo cheo de inflexións, engloba os tres corpos nunha atmosfera de calor humana. A articulación espacial e a riqueza dos panos únense ó luminoso colorido, nunha composición con lembranzas de Bellini e dos pintores góticos flamencos.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. (II)", do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Arte Galega na colección Caixavigo S.XX", do 29 de abril ó 24 de maio de 1992, no Auditorio de Galicia, Santiago.
Reproducciones
"Arte Galega na colección Caixavigo S.XX" Catálogo da Exposición, co nº 72.