Comentarios
A súa sensibilidade para reproduci-los lugares que coñece céntrase na superficie da auga, que enriquece con reflexos lumínicos, e na brétema que envolve a paisaxe, elementos que de maneira especial preocuparon ós impresionistas.
Cunha técnica fluída e debuxo que cara ó fondo se fai impreciso, acada unha atmosfera vaporosa con sutís matizacións de azuis, verdes e ocres, de peculiar lirismo.
Reproducciones
"Plástica Gallega", páx.85, Vigo 1981.