Comentarios
Bosquexo para unha homenaxe a Albinoni. Un grupo de músicos de corda, ordenados cun enfoque que os sitúa moi preto do espectador, nunha posición oblicua con repecto ó plano do cadro, destacan definidos con formas sintéticas, confeccionadas con manchas e trazos espontáneos que fixan nas súas posturas a sucesión dun lento movemento, nun ambiente dominado polo negro.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V. (II) do 8 de abril ó 7 de maio de 1987, na Sala de Exposición do Centro Cultural; "Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX" do 29 de abril ó 24 de maio de 1992 no Auditorio de Galicia.
Reproducciones
"Arte Galega na Colección Caixavigo S.XX", catálogo co nº8.