• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Capea en Albarracín

LUIS TORRAS

Capea en Albarracín
INV:
602
Año de creación:
1985
Dimensiones:
89 x 116 x 0
Técnica:
Técnica mixta/tea

Comentarios

Cun sinxelo deseño, abre a praza, cadrada, e sumérxenos no ámbito vermello da area, sobre a que destaca o toureiro, sorprendido nun lance de capa ante o touro, que embiste, e a expectante actitude dos membros da súa cuadrilla; detrás das barreiras amoréase a xente, ordenada e definida con brancos, negros e vermellos, que provocan un movemento contido pola emoción do espectáculo; o fondo péchase con casas altas, cheas de xente, entre as que asoman anacos de ceo, de intenso azul. Con grande habilidade plástica, deixa a anécdota a un lado, cargando o acento na construcción da composición e o colorido, excitado polo forte contraste do vermello e mailo ocre, que exaltan a luz da festa.

Exposiciones

"L. Torrás", Antolóxica, do 26 de abril ó 21 de
maio de 1985, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.

"Luces de Sangre", do 13 de agosto ó 24 de setembro de 1999 no Centro de Arte Museo de Almería, e do 1 ó 29 de outubro de 1999 no Museo Municipal de Málaga.

"Antolóxica Luis Torras". Casa das Artes. Vigo. Do 29 abril ao 1 xuño 2008.

Reproducciones

"L. Torrás", nº 5 da serie "Grandes Artistas Gallegos", Catálogo de la Exposición, Vigo 1985; "Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 65
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78