• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Abstracto

MENCHU LAMAS

Abstracto
INV:
596
Año de creación:
1985
Dimensiones:
195 x 130 x 0
Técnica:
Mixta/tea

Comentarios

Unha figura cruza a tea de arriba abaixo sobre un fondo estructurado con bandas horizontais. A personaxe, con rostro triangular, cuberto de pequenos redondeis, coma escamas, coas cuncas baleiras, un longo tronco e un gran pé, sostén na man un cestiño cheo de corpúsculos que caen, coma semillas sobre un campo arado ou coma notas musicais sobre o armazón dun pentagrama. Na composición mestúranse, cun vago lirismo, o maxicismo das caretas e a idea dunha bioforma, producto da bioenxeñería e a manipulacion xenética. A textura, matérica, xoga coas marcas, incisións e goteo con harmonía de cores vivas, vermellos, azuis e marelos que se combinan con brancos, marróns e negros.

Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.

Exposiciones

"Artistas Gallegos en la Colección C.A.M.V.(II)", do 8 de abril ó 7 de maio de 1987", na sala de exposicións do Centro Cutural Caixavigo, "Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo", itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Museo M. de Ourense, e Kiosko Alfonso, novembro e decembro de 1988 e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Galegos na Colecçâo Caixavigo S. XX", do 13 de xullo ó 24 de maio de 1992 Casa D. Hugo, Porto; "Arte galega na Colección Caixavigo, S. XX, do 29 de abril ó 24 de maio de 1992 no Auditorio de Galicia Santiago.

Reproducciones

"Artistas Gallegos en la Colección Caixavigo" catálogo; "Artistas Galegos na Colecçao Caixavigo", catálogo; "Arte Galega na Colección Caixavigo S. XX", catálogo co nº 44.

“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78