Comentarios
O porto pesqueiro de Vigo, o Berbés, co mar en primeiro término, barcos atracados, algunhas figuras no peirao e, ó fondo, difuminadas, as casas da cidade. Combina os trazos finos do debuxo con manchas de excelente efecto e lixeiras onduclacións que reflecten o movemento da auga, sen efectismos, cunha vibración que outorga unha grande calidade á composición. Dominan os azuis e verdes combinados con negros, marróns e vermellos.