Comentarios
A arboreda, o carro e o camiño son elementos formais que repite con frecuencia, cos que manten máis ca unha relación directa co representado, unha relación expresiva que trasmite a súa propia carga afectiva.
Da paleta, traballada con excepcional bravura técnica, extrae sutís matices de luz que impregnan a paisaxe de poética nostalxia.