Comentarios
A figura, núa, ladeada á dereita coas pernas cruzadas, inclina a cabeza cara adiante, tocando unha guitarra que divide transversalmente a composición. A moza, deseñada en primeiro plano, ocupa todo o espacio pictórico, perfilada con finos trazos, que se dilúen, suavemente, nalgunhas zonas, matizadas con sombras, en harmonía de grises, rosados e ocres, sobre un fondo de manchas azuis, marróns e negras.