Comentarios
Ampla perspectiva de campos dourados, con sombras que provocan un lixeiro movemento sobre a superficie pictórica. No primeiro término rochas, estáticas, con entoacións moradas, reteñen nos seus volumes a tensión do espacio que as rodea. Ao dominio da cor e a técnica engádense unha nota estética persoal, o gusto polo suxestivo e infinito.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V.", do 5 ao 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo, "A Paisaxe Galega na Colección Caixavigo", do 3 ao 15 de agosto de 1993, Casa da Cultura, Riveira.