Comentarios
Estructura a tea con finas liñas horizontais e formas sintéticas sobre as que se desliza un manto de pintura branca que flúe cubríndoo todo ó seu paso. As luces da aldea estalan cun visionario acorde de tonalidades vermellas, azuis, marelas e negras, co efecto inmediato dunha vidreira, rompendo a desolación do vacío que provoca o branco.
Exposiciones
"Artistas Gallegos en la colección C.A.M.V." do 5 ó 28 de setembro de 1986, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixavigo; "Artistas Gallegos en la colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, Santiago, Kiosko Alfonso, A Coruña, e Museo M. de Ourense, novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo" do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, Casa D. Hugo, Porto; "A paisaxe galega na colección Caixavigo" do 3 ó 15 de agosto de 1993, Casa da Cultura, Riveira; "Antonio Quesada" Antolóxica do 21 de outubro ó 28 de novembro de 1993 na Sala do Centro Cultural Caixavigo; "Antonio Quesada" Antolóxica homenaxe, febreiro de 1994, na Sala do Centro Cultural Caixa Ourense.
Reproducciones
"Antonio Quesada" Catálogo da Antolóxica, nº 29 da serie "Grandes Artistas Gallegos".