• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

VISTA DE UNA CALLE DEL PUEBLO DE ESTRIBELA

ALFREDO SOUTO CUERO

VISTA DE UNA CALLE DEL PUEBLO DE ESTRIBELA
INV:
4589
Año de creación:
1900
Dimensiones:
45 x 30 x 0
Técnica:
ÓLEO SOBRE LIENZO

Comentarios

De non ser polo cruceiro que centra a composición e a muller da dereita, a primeira vista podería levarnos a pensar nunha paisaxe andaluza: ceo azul mediterráneo, brancos puros de casas caleadas, a luz propia do sur... Alfredo Souto viviu durante anos en Sevilla onde exerceu a maxistratura, polo que as influencias xeográficas resultan claras nas súas obras.

Esta pintura, a pesar do seu pequeno formato, está realizada cuns detalles exquisitos, unha pincelada preta e estudada que mesmo nos invita a recoñecer as texturas de todos os elementos que encontramos nesta paisaxe urbana da parroquia de Estribela. Podemos ver unha rúa estreita e en pendente, cun chan desnivelado que axuda a que baixen as augas de refugallo cara ao mar. A perspectiva en contrapicado aparécenos acoutada nos laterais polas casas, crea liñas de fuga e axuda a canalizar a mirada do espectador para realizar o percorrido costa arriba para terminar no cruceiro ao fondo da rúa. Este cruceiro quizais podería ser o que hoxe en día se encontra nas cinco rúas de Pontevedra desde 1962, cando Filgueira Valverde, co propósito de restauralo, o traslada desde Estribela á capital.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78