Comentarios
Froitas e obxectos típicos dun bodegón distribúense sobre unha mesa, xogando coas engurras do mantel. En primeiro término asoma parte do respaldo dunha cadeira, que se contrapón coa fiestra do fondo, diante da que hai un froiteiro, subliñando a profundidade da habitación. No debuxo perfila os obxectos que, modelados con grosos empastes, resaltan plasticamente, cunha gamma de ocres, verdosos, brancos, marelos e morados. A alusión ás figuras ten só un significado anecdótico.
Exposiciones
"Artistas Galegos na colección Caixavigo" itinerante, Museo do Pobo Galego, en Santiago, Kiosko Alfonso, na Coruña, e Museo M. de Ourense, en novembro e decembro de 1988, e xaneiro e febreiro de 1989; "Artistas Galegos na colecçâo Caixavigo", do 29 de xuño ó 13 de xullo de 1989, na casa D. Hugo, Porto.