Sin título (Paisaje arenoso)
- INV:
- 4369
- Año de creación:
- 2001
- Dimensiones:
- 206 x 269 x 0
- Técnica:
- óleo sobre tea
Comentarios
Despois das obras que realiza Murado na década dos 90 de inspiración botánica, como as representacións de pétalos de flores, a longuísima serie de Marañas etc. en moitas ocasións aludindo a unha visión microscópica da natureza para darlle ese carácter abstracto ao sacalo do seu contexto, apreciamos, a partir do cambio de século, que non abandona o tema da natureza, pero si que hai un cambio á hora de representalo, encontrarémonos con paisaxes “macroscópicas” con profundidades case infinitas e un grande ángulo de visión, como este que estamos vendo.A Antonio Murado pódeselle considerar un alquimista da pintura, sempre investigando con distintos materiais para buscar uns acabados nas súas obras que resultan sorprendentes e tremendamente orixinais, como nesta paisaxe, na que logra un efecto porcelánico na súa superficie, totalmente puída, como é habitual neste artista que sempre renunciou ao matérico e evitou concentracións con aplicacións moi soltas de pintura, verniz e disolvente.
Realizou esta obra a partir de múltiples veladuras, que achegan a profundidade en cada unha das distintas capas e remarcan a horizontalidade e planitude da paisaxe. Unha pintura que se debate entre o abstracto e o figurativo, creada a partir de tonalidades extraídas da natureza, pero dándolle unha visión propia do seu autor.