SIN TÍTULO
- INV:
- 4316
- Año de creación:
- 2007
- Dimensiones:
- 112 x 172 x 0
- Técnica:
- madeira, arxila e pintura acrílica
Comentarios
Esta obra de Jorge Perianes, un dos artistas máis imaxinativos desta nova xeración, recrea un universo propio onde a reflexión sobre o ser humano e a súa incapacidade para conseguir o que desexa se fan evidentes.Unha peza de beleza estética, pulida e colorista, onde unha serie de insectos devoran o espazo que habitan. É a perda do seu paraíso, xa que destrúen pouco a pouco o mundo que posúen. Estes insectos, parasitos da vida, discorren pola obra, consumíndoa vorazmente, ata esgotala. O xardín que foi a súa satisfacción transfórmase nun mal presaxio, na súa condena, na súa morte.
Dominio da técnica que se evidencia a través da súa metódica traxectoria artística. Minuciosidade e realismo conseguido mediante un estudo teórico extenso.
Metáfora, ironía e perversión, nun xogo consciente perfectamente elaborado polo artista.
Exposiciones
Exposición “De Nova Materia. Escultura Contemporánea na Colección Caixanova” no Centro Social Caixanova Pontevedra, Do 21 febreiro ao 23 marzo 2008..- Centro Cultural Caixanova Vigo. do 15 maio ao 15 xuño 2008.- Centro Social Caixanova Ourense. Do 16 setembro ao 19 outubro 2008. Exposición "El arte de la semejanza" no Centro Cultural Caixanova de Vigo. Do 9 de Setembro ao 25 de outubro de 2009. No Centro Social Caixanova de Pontevedra. Do 29 de outubro ao 13 de decembro de 2009. No Centro Social Caixanova de Ourense. Do 18 de decembro de 2009 ao 31 de xaneiro de 2010.