• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

PAILÒS

SIN TÍTULO
INV:
4314
Dimensiones:
80 x 60 x 0
Técnica:
mixta sobre táboa

Comentarios

Esta obra de Pailòs, destacada figura da corrente Torresgarciana, caracterízase polo seu carácter xeométrico, construtivista e barroco.

Construída a xeito de crebacabezas, vai compoñendo o espazo onde insire elementos da grafía xeroglífica, na que mestura a xeometría coa arte autóctona das culturas de América Latina. Unha forte influencia do mundo precolombino déixase ver nesta obra, na que os elementos da natureza e os diferentes símbolos da súa cultura se repiten reiteradamente ao longo de todo o cadro. Un conxunto de signos e figuras que poderían representar palabras e expresar un xogo de enxeño, semellando unha adiviña que debemos descubrir para achegarnos a un lugar afastado.

As bandas horizontais que compoñen o cadro actúan como fío condutor ata o peche definitivo da obra, onde cabe destacar o barco como corazón da peza que sostén, dá forza e equilibra.

Sensibilidade cromática nun intenso despregamento de cores de fortes contrastes, no que destacan os vermellos, azuis, terras e negros.

Unha obra plástica a pesar da súa aparente elementalidade, onde teñen cabida a razón e a reflexión ao mesmo tempo que os sentimentos.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78