• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Farola con calle

JANO MUÑOZ

Farola con calle
INV:
4305
Año de creación:
2007
Dimensiones:
130 x 81 x 0
Técnica:
Óleo sobre tea

Comentarios

Exemplo de paisaxe urbana onde chama a atención o título nunha especie de xogo destinado a sorprender o espectador, na que parece darlle un xiro á transcendencia dos obxectos e espazos representados.
Un simple farol parece importar máis que a rúa que ocupa case todo o cadro, de aí o contraste na representación, de gran nitidez e precisión no debuxo, do primeiro plano que reflicte a cornixa do edificio e o farol, fronte a unha técnica máis impresionista, influxo de Monet, no resto dos edificios da rúa, sobre todo nos balcóns, onde a pincelada se fai máis solta. Pero en realidade só é unha ilusión, xa que a primeira impresión visual lévanos a fixarnos na rúa e non no farol, onde se demostran ademais os trazos estilísticos propios do autor: trazos de gran soltura, contrastes de luz marcados, dominio técnico e sensibilidade e alento lírico nos seus cadros.
A paleta segue mostrando un predominio de tons grises e ocres buscando a beleza a través do simple, reflectindo unha arquitectura de gran concreción de liñas e xeometría de volumes.

Exposiciones

“Jano Muñoz”, na Sala I do Centro Social Caixanova de Vigo, do 10 de outubro ao 17 de novembro do 2007.

Reproducciones

Catálogo exposición "Jano Muñoz", páx. 45.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78