• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

FRANCISCO MUÑOZ CARRASCO, MARINO MERCANTE, MI PADRE

JANO MUÑOZ

FRANCISCO MUÑOZ CARRASCO, MARINO MERCANTE, MI PADRE
INV:
4304
Año de creación:
2007
Dimensiones:
195 x 114 x 0
Técnica:
Óleo sobre tea

Comentarios

Jano Muñoz demostra nesta obra a súa evolución estilística nos últimos anos, cun gusto pola investigación da luz, do claroscuro e onde a figura humana substitúe a paisaxe, cunha técnica propia, froito da elaboración dos seus propios materiais (pigmentos, aceites, ceras) e pinturas.
Nos seus retratos aparece como un pintor clásico contemporáneo, como el gusta chamarse, xa que se observa na súa obra a dobre influencia de pintores clásicos, como Rembrandt, Caravaggio ou Zurbarán e de pintores contemporáneos como Manet.
Traballa a partir do natural, sobre todo nos retratos familiares, e domina perfectamente a técnica do debuxo.
Representa a imaxe do seu pai, de perfil, cun retrato de gran realismo, coa típica mirada ensimesmada e nostálxica do mariño, reflectindo a admiración polo seu oficio, expresión de liberdade individual, pero tamén de certo aire intelectual.
Utilización de cores sobrias pero envolventes, sobre todo ocres, grises, e dunha luz moi marcada, contrastada, resaltando claramente a figura sobre o fondo. Gran precisión e meticulosidade no debuxo.

Exposiciones

"Jano Muñoz", na Sala I do Centro Social Caixanova en Vigo, do 10 de outubro ao 17 de novembro de 2007.

Reproducciones

Catálogo exposición "Jano Muñoz", páx. 67.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78