• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Esquema en la oscuridad

MANUEL RUIBAL

Esquema en la oscuridad
INV:
4198
Año de creación:
1998
Dimensiones:
210 x 299 x 0
Técnica:
técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

Nesta obra de Ruibal, fanse máis presentes que nunca os seus tres elementos definitorios e persoais: o tratamento da cor, as texturas e o protagonismo da liña. Unha obra de gran tamaño que xoga coa curva do lenzo para saír na busca do espectador.

Formas esquemáticas dun vermello intenso expándense con espontaneidade e son a clave para crear unha paisaxe que plasma pensamentos propios. Uso monocromático da cor. O vermello inunda o espazo en diferentes tonalidades e faise máis protagonista naqueles elementos que o autor quere potenciar.

Un espazo onde conviven a liña, o xesto e as texturas e onde a liberdade de expresión nos mostra un universo de luz e cor.

Exposiciones

Exposición "Ruibal. 1985-1999: Un proceso de depuración" na Sala de Exposicións Estación Marítima de A Coruña do 15 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2000.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, desde maio do 2007 ata xaneiro de 2009.

Exposición "MANOLO RUIBAL - 1967-2009". Museo de Pontevedra. Do 29 de maio ao 5 de xuño de 2009

Reproducciones

Exposición "Ruibal. 1985-1999: Un proceso de depuración", páxina 75.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78