• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Sin título

LUIS TORRAS

Sin título
INV:
417
Año de creación:
1969
Dimensiones:
184 x 716 x 0
Técnica:
Técnica mixta/tea

Comentarios

En primeiro termo, á esquerda, atópase unha parella de mozos sentados sobre a area debaixo dun toldo. El, tocando a frauta, ela, cunha flor na man; no centro, unha muller espida, de costas, co brazo apoiado no fuste dunha columna, un pano na man e una lira ós seus pés; á dereita, unha moza sentada sobre unha barca cun libro na man; ó fondo, temos unha perspectiva de casas escalonadas, á beira do mar, co perfil característico da cidade viguesa. A Música, A Arte, O Teatro, o pintor como Giorgone, no seu "Concierto", agocha o significado da composicón combinando un pudoroso nu con figuras vestidas, articuladas, con diferentes motivos, en posturas contrapostas, no ámbito escénico dunha praia, con grande dominio da composición. O debuxo, rigoroso, perfila as formas, modelándoas con sombras discretas que subliñan os volumes. O conxunto é dun grande efecto artístico, pola súa monumentalidade e excelente execución, con dominio de ocres que xogan con marróns, verdes, negros, vermellos e brancos.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78