Verde País

- INV:
- 4093
- Año de creación:
- 2007
- Dimensiones:
- 205 x 86 x 0
- Técnica:
- mixta sobre cartón
Comentarios
Esta obra de Xurxo Alonso pertence á Colección Aldemunde, unha referencia a un país afastado, máis alá do mar, do que temos referencia por aqueles obxectos que o mar trae como restos dun naufraxio.Unha paisaxe visual que se consegue a través de diferentes materiais e conceptos que deixan patente o protagonismo da colaxe. Unha peza de cartón sobre a que se abren feridas e camiños interiores que se cobren con manchas de distintas cores que se dilúen ou se perden. Retallos de cor que se apoderan do espazo, crean tonalidades que lle dan profundidade e mostran un lugar que nunca existiu.
Un traballo entre a fantasía e a razón que ten como fin a liberación dun mundo de soños e intuicións.