Sin Título
- INV:
- 4085
- Año de creación:
- 1990
- Dimensiones:
- 28 x 40 x 0
- Técnica:
- Plumilla e acuarela sobre papel
Comentarios
Esta obra pertence a un dos maiores homes do surrealismo, Eugenio Granell. Excelente debuxante que crea, cunha técnica minuciosa, ambientes de gran beleza plástica. Unha obra influída polos lugares onde viviu, fusión da cultura española e americana.A composición está formada por cinco personaxes en diferentes actitudes que destacan sobre o fondo branco do papel. Figuras con formas irregulares, pezas pequenas que conviven con outras de maior tamaño, para lles dar forma a seres estraños.
Expresión de soños e sentimentos que afloran mostrando personaxes irrecoñecibles, onde plantas, animais e persoas se fonden en seres antropomórficos.
Cromatismo en carmíns, azuis, verdes e amarelos, en siluetas perfectamente delimitadas por liñas negras.
Un universo singular onde, a través dunha atmosfera máxica, natureza e home se converten na mesma cousa.