MAMANITA

- INV:
- 4017
- Año de creación:
- 1972
- Dimensiones:
- 120 x 100 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Do excepcional debuxante e artista Jorge Castillo é este traballo de estilo propio, analítico e razoador.Unha obra que pertence a unha serie na que o artista representa o seu fillo en paisaxes imaxinarias rodeado de obxectos emblemáticos. Neste caso, en primeiro plano unha muller cun neno obsérvanse nunha imaxe que parece detida nun instante. Formas sintéticas, deformadas e monumentais sobre un fondo de construción arquitectónico que equilibra. Liñas verticais e horizontais estrutúranse para deixar ver o que asemella unha paisaxe. Obxectos convertidos en presenzas, como o chacal situado á dereita do cadro que fai referencia a Anubis, Deus da Morte.
Gamas neutras nunha paleta dominada por ocres e terras dan un estraño misterio que lle fai ao espectador preguntarse sobre o espazo e a figura. Suaves mesturas de cor con xogos de claroscuro.
Figuras planas sen apenas luz deixan ver un debuxo en aparencia simple, elemental e esquemático con flutuacións de escala que levan á monumentalidade.
Unha composición elegante para unha obra chea de misterio.
Exposiciones
Exposición "Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova". Centro Social Caixanova Pontevedra. xullo-setembro 2006.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.