Rojo y Negro
- INV:
- 4016
- Año de creación:
- 1961
- Dimensiones:
- 146 x 97 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra de beleza fascinante, feita a través do xogo de cores, é do artista Manuel Mampaso. Enérxicas brochadas, rápidas e intuitivas, dirixidas en distintas direccións e que non por iso deixan de ser meditadas e estudadas en canto á forma, liña e harmonía cromática. Búscase a expresión a través da cor, aumentar o impacto visual, envolver o espectador nun ambiente cromático. Manchas de cor crúzanse, mestúranse e retórcense tratando de buscar o matérico e o xestual. Unha pincelada ampla e firme na que se utilizan cores puras coma o negro, a súa gran cor.Unha obra intensa e enérxica que non fai referencia a formas naturais ou tradicionais e que lle outorga prioridade á cor e aos materiais que utiliza.
Pioneiro no informalismo dos anos 50, esta obra forma parte das primeiras que apareceron en España baixo o termo de abstracción lírica, unha das manifestacións artísticas máis significativas do século XX.