MENGUANTE
- INV:
- 3940
- Año de creación:
- 2005
- Dimensiones:
- 162 x 261 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
Freixanes é un artista que impón a súa propia personalidade no cadro e neste díptico deixa patente a súa actitude expresiva: unha pintura meditada, eminentemente conceptual, onde todos os compoñentes da obra están no seu lugar.Estamos ante un deserto, superficie infinita chea por dúas presenzas illadas.
En soidade, unha figura solitaria instálase nun amplo fondo neutro, de pincelada ancha e despreocupada, onde pequenas manchas de cor lle dan intensidade e profundidade á tea, calidade formal. Unha obra esquemática na que a figura xa non ocupa o centro da composición, como en obras anteriores, e onde a cor perde importancia para darlla ao debuxo.
Alzando a mirada, voa unha lúa minguante, rodeada dun branco infinito. Como na noite, a materia moi estendida semella un mero bosquexo, como se a obra non estivese concluída.
Un artista viaxeiro que plasma nos seus cadros o seu ir e vir, percibindo nas persoas e obxectos o paso do tempo.
Exposiciones
Exposición "Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova" Centro Social Caixanova Pontevedra. xullo-setembro 2006.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Exposición “Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova” no Instituto Cervantes de París, do 25 de abril ao 30 de maio de 2008.
Reproducciones
Catálogo "Pontevedra como inspiración na Colección Caixanova" páx. 102.
“Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova”, páxina 35.