Lugar de Condide

- INV:
- 3923
- Año de creación:
- 2004
- Dimensiones:
- 122 x 122 x 0
- Técnica:
- Acrílico sobre tea encolada en táboa
Comentarios
A obra de Antón Goyanes outórgalle un protagonismo indiscutible á cor e consegue manter un perfecto e difícil equilibrio entre o vermello intenso e o negro sereno, conectados ambos pola delicadeza dun branco inmaculado, que se converte en foco de atención e en eixe vertebrador da obra. A estrutura complétaa un fino fío que cruza verticalmente o cadro, apenas perceptible, e que se converte na mellor metáfora da delicadeza da obra.
Goyanes presenta nesta obra un traballo intimista, contido e de enorme beleza, na liña da súa coherente traxectoria, que alcanza con esta un dos seus cumios artísticos.
Exposiciones
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova, dende o 22 de novembro de 2006.