• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

A ESPERA

BENEDITA KENDALL

A ESPERA
INV:
3920
Año de creación:
2004
Dimensiones:
80 x 120 x 0
Técnica:
Acrílico sobre tea

Comentarios

Benedita Kendall gaña o primeiro premio no VI Bienal de Pintura Eixo Atlántico 2004/2005 con esta obra, A Espera, unha composición formada por dous lenzos.

Sobre un fondo gris, con raións desordenados dun gris escuro, case negro, debúxanse un centenar de siluetas de corpos nus femininos e masculinos. Pero hai unha diferenza entre os dous lenzos que forman este díptico; no da dereita, as figuras atópanse ordenadas, dialogan entre elas, forman liñas. Non obstante, á esquerda os corpos están sumidos nun auténtico caos, aínda que indiferentes e alleos os uns aos outros. Estes seres representan sensacións, estados de ánimo que se adiviñan polas posicións que adoptan e que reflicten dúbida, desespero, temor, inquietude..., en contraposición con sosego, esperanza, diálogo... No lenzo da dereita, sobresae unha figura que descansa sobre un fondo máis claro. O seu estado de calma súmeo nun sono relaxante e clarificador que está relacionado coas figuras que ten ás súas costas.

Destacan os cadrados vermellos situados na tea. Á dereita, atópanse colocados aleatoriamente, mentres que na esquerda forman un cadrado perfecto; orde e caos volven enfrontarse, aínda que esta vez nun mesmo espazo.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78