• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

DUETTO CON CAMILO EN SANTA MARIÑA

MIGUEL MOSQUERA

DUETTO CON CAMILO EN SANTA MARIÑA
INV:
3919
Dimensiones:
130 x 91 x 11
Técnica:
Ensamblaxe. Técnica mixta e cola de C

Comentarios

A obra deste autor, Miguel Mosquera, ourensán de nacemento, evoluciona dun xeito incrible co transcurso dos anos, dende un expresionismo informalista, ata o que hoxe podemos observar nesta obra titulada Duetto de Camilo en Santa Mariña. Nela os protagonistas son os novos materiais de traballo. Esquece a pintura, a acuarela, o óleo... e recolle materiais de escoura, madeiras, teas, plástico, cos que lle dá forma a unha pequena composición/instalación. Como un anaco de cadeira pregable que sitúa na parte superior da obra, xunto con outras madeiras. E, debaixo, unha frase a xeito de lenda que sentencia, acompañada dunha antiquísima foto amarelenta. A frase di: "Unha época na que todas as cousas debían quedar gravadas no corazón ".

A suma da composición, os materiais e a frase elixida conseguen crear unha obra cargada de lirismo e sentido poético, un resultado que, malia o rotundo da composición e á forza dos materiais, é delicado e de enorme sensibilidade.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78