• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RÚA NO VENTO

XOSÉ LUIS DE DIOS

RÚA NO VENTO
INV:
3916
Año de creación:
2002
Dimensiones:
146 x 114 x 0
Técnica:
Óleo sobre lenzo

Comentarios

Datada no 2002, esta obra demostra que o paso do tempo non varía a personalidade artística deste pintor coherente e inconfundible. Moi ao contrario, mantense sempre nunha liña compositiva que se vai afirmando e facendo máis evidente co paso dos anos, onde a realidade explota, inundando todo o cadro de figuras e pinceladas de cor.

Esta obra de De Dios é puro movemento. O vento, que lle dá título á obra, sopra forte, con violencia, no ángulo superior esquerdo. Mesmo parece haber unha liña imaxinaria, cuxo centro son eses perfectos tres chanzos, que divide a composición en dúas partes. Dende o lugar do que sopra o vento atopamos desorde e caos, representado con cores vivas e intensas, vermellos, amarelos e laranxas, con trazos veloces e inestables na pintura. O vento desordénao todo ao seu paso e crea remuíños de aire. Mesmo parece haber lapas de lume, creadas polo movemento e a cor.

Na parte inferior do lenzo, o movemento é máis moderado e permite atopar certa orde, representada con figuras xeométricas, perfectamente definidas, e cores máis apagadas que destacan en contraste co negro utilizado como fondo.

Exposiciones

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78