• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Perdices

ANTÓN LAMAZARES

Perdices
INV:
3829
Año de creación:
1997
Dimensiones:
251 x 251 x 0
Técnica:
Mixta sobre cartón e madeira

Comentarios

Esta espectacular obra de Lamazares reflicte todas as constantes na coherente traxectoria do seu autor. Un soporte de materiais pobres, neste caso cartón e madeira, que aparecen refinados a través do exquisito tratamento de vernices. Unha gran forza expresiva, en perfecto equilibrio co sentido poético da obra, e un cromatismo intenso e irreal.

A obra Perdices é unha delicada escena, na que é o título o que obriga o noso ollo a descubrir este animal nas potentes manchas, case xemelgas, que protagonizan a escena.

A dualidade sempre presente na obra de Lamazares, reflectida na presenza simultánea de contrarios como pobreza de materiais e luxo de resultado, delicadeza e potencia, toma forma nesta obra, ao dividir a escena en dúas cores que apenas se diferencian e en dúas imaxes que poderían parecer unha soa e o seu reflexo. Unha composición de grande acerto cuxo resultado é unha obra de gran carga poética.

O universo persoal de Lamazares ofrécenos nesta ocasión un traballo intenso e sutil, elaborado a través da forza das texturas, da cor e da imaxe evocada.

Exposiciones

Alma en luns. Xuño 2002 - Museo Municipal de Ourense.
Espazo Colección Caixanova. Centro Social Caixanova Vigo. Exposición Permanente. Dende xaneiro 2005.

Reproducciones

Catálogo da exposición Alma en luns (xuño 2002). Museo Municipal de Ourense. Edita Concello de Ourense.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78