• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

LAS SOMBRAS MENDIGAS DEL ESCENARIO DE ALEX ZIK

ÁLVARO NEGRO

LAS SOMBRAS MENDIGAS DEL ESCENARIO DE ALEX ZIK
INV:
3769
Año de creación:
2004
Dimensiones:
81 x 100 x 0
Técnica:
Revelado Lambda sobre papel mate montado sobre aluminio

Comentarios

A aposta de Álvaro Negro pola fotografía como medio de expresión artística non supuxo unha ruptura coas súas consolidadas buscas e coa súa persoal linguaxe vital e artística. Esta é unha das súas obras máis interesantes neste sentido, mantense nela a presenza constante na súa obra da temporalidade, a secuencia das cousas e, vinculado a iso, a luz, porque nada hai máis temporal que a luz. Estas son dúas bases fundamentais, en ocasións podería entenderse como unha soa, para coñecer o universo creativo de Álvaro Negro.

Na obra As sombras mendigas... predomina, sobre todo iso, a sensación angustiosa da dúbida, nada é certeza nestas escenas, as sombras adquiren maior protagonismo que a realidade e iso contribúe definitivamente a crear unha obra de atmosfera inquietante.

Exposiciones

Espazo Colección Caixanova. Centro Social Caixanova en Vigo. Colección Permanente 2005.

Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006. 

"GALICIA 25. Unha cultura para o novo século". nas cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo e A Coruña. Do 1 outubro 2008 ao 30 xaneiro 2010. 

Reproducciones

"Fundación Laxeiro-Álvaro Negro. Obra 1996-2004" páxinas 96, 97, 98 e 99.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78