SIN TÍTULO
- INV:
- 3757
- Año de creación:
- 2003
- Dimensiones:
- 110 x 110 x 0
- Técnica:
- Fotografía en B/N sobre aluminio (1/3)
Comentarios
A presenza da fotografía como medio de expresión en Andrés Pinal xorde como resultado dunha busca práctica, a intención de plasmar a realidade dun determinado xeito levouno a atopar na fotografía a solución ás súas inquietudes. Trátase dunha fotografía irmandada co resto das manifestacións artísticas que lle interesan, moito de estética pictórica e, sobre todo, unha gran forza escultórica do retratado. A súa especialidade académica en escultura parece cobrar outra dimensión á luz desta imaxe na que o faro domina o espazo circundante, organizándoo, ergueito e maxestoso, como unha colosal escultura.A luz é outra clave da obra fotográfica de Andrés Pinal e nesta obra protagoniza a escena dunha forma discreta, dende un segundo plano, pero sen renunciar ao seu protagonismo, definindo planos e sensacións.
O resultado é unha obra serena, luminosa e de gran forza expresiva.
Exposiciones
- Galería Bacelos 2005. Andrés Pinal.- Espazo Colección Caixanova. Centro Social Caixanova. Novembro 2005-febreiro 2006.