• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

BORRACHO

ALCOLEA

BORRACHO
INV:
3749
Dimensiones:
99 x 69 x 0
Técnica:
Óleo, acrílico e ceras de cores sobre papel

Comentarios

Integrante dunha xeración de artistas encabezada por Luis Gordillo, Alcolea é un dos grandes nomes da volta á figuración. Nos seus temas interésase polo mundo bohemio, os artistas, os personaxes imaxinarios, os borrachos... É así precisamente como se denomina esta composición, Borracho. Nela recóllese un primeiro plano dun personaxe cuxo rostro ocupa practicamente todo o lenzo. A expresión deste personaxe é cansa, triste, ten as cellas e os ollos caídos, como de resignación, ante unha intensa dor moral ou psíquica.

Os trazos da pintura son anchos e augados e traballa a partir de pinceladas soltas, onde as liñas son caprichosas e sinuosas, co que se reflicte o atordamento e a inestabilidade do borracho.

Utiliza cores moi vivas e intensas, entre as que destacan o amarelo e o vermello, que contribúen a resaltar o dramatismo da obra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78