• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

NIÑA EN GRANJA

TEODOMIRO AVENDAÑO

NIÑA EN GRANJA
INV:
3748
Año de creación:
1879
Dimensiones:
35 x 24 x 0
Técnica:
ACUARELA

Comentarios

Atopámonos ante unha escena costumista onde o motivo protagonista ao que fai referencia o título é realmente un pretexto para a realización dunha paisaxe.

 

Acorde coa época na que foi realizado, Teodomiro Avendaño presenta un evidente academicismo nesta acuarela, cun debuxo coidado e unha pincelada preta e precisa.  Así mesmo, a composición está estudada, cunha asimetría que nos propón a maior carga de elementos na esquerda da pintura, pero que se ve equilibrada grazas á nena en primeiro termo e o cabalo de fondo na dereita. Márcase a profundidade a través do muro que divide a acuarela en sentido diagonal e que, ao mesmo tempo, traza unha liña de fuga cara á dereita que terminaría fóra da propia composición. Avendaño distribúe distintos “obstáculos” como recurso para que a mirada do espectador non recorra o cadro dunha ollada e termine no horizonte: ovellas, nena, muro, casas e árbores fan que a nosa vista quede no centro da pintura e evite o fondo perdido.

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78