SIN TÍTULO
- INV:
- 3498
- Año de creación:
- 1979
- Dimensiones:
- 110 x 92 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre lenzo
Comentarios
Admirador de Tàpies e de De Kooning, o autor concibe a tea coma unha superficie, un espazo sobre o que experimentar a partir da valoración das súas calidades físicas como obxecto.A cor e a materia inundan o campo compositivo sen se intimidar diante dos límites físicos impostos polas catro pezas, estendéndose para conformar unha orografía texturada e engurrada, matizada pola fina harmonía cromática do gris e do beixe que se confunden, se fusionan, concibindo unha paisaxe de referencias simbólicas e emotivas.
A sinal e a mancha dialogan neste territorio aberto, suxestivo, que permite que as grafías e os riscos compoñan inscricións codificadas, pegadas que remiten ao uso e ao paso do tempo.