• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SIN TÍTULO

DESIDE

SIN TÍTULO
INV:
3438
Año de creación:
1980
Dimensiones:
81 x 100 x 0
Técnica:
Técnica mixta sobre lenzo

Comentarios

O autor presenta un mundo persoal, construído dende a alma e a memoria que combina a liberdade coa orde, a espontaneidade coa xeometría.

Concibida como unha proposta aberta, o azul intenso eríxese en narrador principal, en guía da emoción e da comunicación, que necesita de soporte, de ancoraxe ao marco branco que o circunda mediante pequenos cadrados vermellos que, como grandes cintas, o agarran para evitar a súa caída.

Igual ca un universo infinito, a cor invita á viaxe, a penetrar nas súas entrañas para descubrir o seu frío interior, só alterado pola representación gráfica, rabuñada, do número catro, o símbolo da totalidade.

A tea, entendida coma un campo de acción, non ofrece unha textura plana. A materia encárgase de suxerir as formas, de xerar e provocar cambios de luz na superficie alterada, sometida a brochadas e empastes, a rugosidades meditadas que lle outorgan sentido á mensaxe poética.

Exposiciones

"Deside". Do 6 ao 16 de marzo de 1989. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78