MESA CON LIMONES

- INV:
- 3427
- Año de creación:
- 1981
- Dimensiones:
- 31 x 27 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre papel
Comentarios
A beleza contida nas pequenas cousas forma parte do esencial da vida, dunha realidade que o autor recolle para expoñer os grandes temas da existencia.Cinco limóns situados humildemente, sen aderezos, sobre un espazo indeterminado, revélanse como un motivo de gran forza plástica e semántica.
O autor esmérase na recreación ambiental, na elaboración dun deseño que transforma os obxectos en suxeitos. Con trazo coidadoso e preciso reproduce a esfericidade dos cítricos, capta o seu volume e imprímelles cor mediante un detallado estudo das variacións lumínicas sobre a súa superficie. Os amarelos adquiren matices dourados, os brancos delatan os puntos de luz directa e os verdeazulados colaboran para ofrecer un aspecto táctil e poroso. A escuridade de fondo, unha clara homenaxe aos bodegóns do barroco español, exalta as virtudes da natureza morta revestíndoa dun halo místico, dun panteísmo que transforma a vulgaridade dos froitos nunha imaxe relixiosa merecedora de culto.