• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

RÚA DEL VILLAR

CARNOT

RÚA DEL VILLAR
INV:
3416
Año de creación:
1999
Dimensiones:
48 x 34 x 0
Técnica:
Acuarela sobre papel

Comentarios

Santiago, cidade retratada miles de veces, reinventados os seus rueiros estreitos, cheos de historia, por poetas, pintores, escritores e fotógrafos. As súas pedras son patrimonio da humanidade, de todo o que pasea descubrindo recunchos agochados e rúas como a rúa do Vilar poboada de soportais nos que o tempo simula estar detido.

A composición sobresae pola súa acentuada verticalidade coroada pola Torre do Reloxo da catedral que roza o ceo dun azul borroso. Conséguese plenamente o efecto de profundidade ao confrontar a vía estreita coa esvelta arquitectura. O cromatismo apagado, case monocromo, en tostados e marróns, que imitan a cor parda do granito, altérase coas tonalidades brillantes dos paraugas que lle ofrecen unha nota máis cálida á escena.

A sensación de tranquilidade imponse na obra onde os viandantes, coma un elemento anecdótico, camiñan sen alterar a profunda paz do contorno.

Exposiciones

"Carnot". Do 7 ao 18 de outubro de 1999. Sala de Exposicións de Caixapontevedra, Pontevedra.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78