• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

PEIXEIRAS

MANUEL TORRES

PEIXEIRAS
INV:
3405
Año de creación:
1969
Dimensiones:
69 x 98 x 0
Técnica:
Pastel sobre papel

Comentarios

O mar, a muller, a vida cotiá adquiren, en Manuel Torres, a condición de materia de observación e fonte de aprendizaxe.

A peza, premiada coa medalla de prata na I Bienal de Pontevedra do ano 1969, presenta a dúas figuras femininas, grandes e monumentais coma efixies totémicas da muller do mar, ensimesmadas limpando peixe, realizando metodicamente o seu deber diario. Son imaxes impersoais, sen rostros, metáforas do traballo.

O debuxo moi xeometrizado, con referencias neocubistas, reforza a concepción hierática e escultórica das peixeiras ó remarcar, mediante trazo seguro, os contornos con grosas liñas negras que non dubidan, que describen formas esenciais sen eliminar o suave modelado nos corpos.

Opta abertamente pola monocromía, polos tons terra, ocre, sanguina, branco e negro, aínda que, dende este ano, introduce o cromatismo nos pasteis. As luces e as sombras interprétanse mediante o sombreado de certas zonas, permitindo que respire o papel para transmitir a sensación de luz, a sinuosa carnosidade das figuras que se fonden nun espazo envolvente, nun contexto pleno de identidade e de sal.

Exposiciones

I Bienal Provincial de Arte. Do 30 de xullo ó 20 de agosto de 1969. Deputación Provincial de Pontevedra. Pontevedra.

Reproducciones

Crespo Alfaya, M.; Pereira Figueroa, M.; Las Bienales. 1969-1981. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1987, páx. 51.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78