PAISAJE
- INV:
- 3404
- Año de creación:
- 1987
- Dimensiones:
- 50 x 69 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
A investigación na paisaxe galega, nos diferentes verdes que mudan de tonalidade ó longo das estacións é un tema que apaixona ó autor que entende a acuarela coma un medio para a análise e a comprensión do mundo.Os campos xeométricos e humanizados, de múltiples matices verdosos, dan paso ás ladeiras que revelan a grandiosidade do contorno, do val que continúa máis alá da imaxinación e se perde nunha masa de suaves azuis que se van diluíndo na distancia. A transparencia das augas do río conséguese interpretando o branco do papel coma cor, mantendo un espazo puro no centro da composición que delimita a fronteira entre ambos os dous ámbitos, entre o dominio do home e a inmensidade da natureza.
A meticulosidade técnica é un trazo esencial de Paisa Gil que practica un debuxo minucioso e concreto onde todo se mantén dentro dun rigor contido que transmite paz, harmonía e beleza.