PLAZA DE LA HERRERÍA
- INV:
- 3382
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 50 x 69 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
A zona monumental de Pontevedra convértese nun escenario perfecto para recrear a rutina da cidade nunha tarde de choiva. A praza da Ferrería, co seu pavimento empedrado, é o marco escollido aproveitando, como privilexiado pano de fondo, o convento de San Francisco. A choiva acompaña os transeúntes neste día melancólico e somnolento imprimindo a súas pegadas na humidade da rúa.A composición é coidada, a pincelada precisa e rigorosa reálzase coa suave harmonía cromática só alterada polo atrevemento colorista dalgún paraugas. É visible o trazo do lapis empregado para encaixar o debuxo, para delimitar os definidos perfís e detalles da arquitectura, das árbores, da vida que pasa.