REJAS
- INV:
- 3379
- Año de creación:
- 1977
- Dimensiones:
- 72 x 100 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
É posible que as experiencias da súa infancia determinaran a predilección pola cor negra e a representación de mundos revoltos, desordenados, contidos, coma neste caso, dentro de férreas reixas.O negro puro e incidido é o ton dominante, o que deseña a malla reticular do enreixado pechando tras ela manchas de delicado cromatismo. Os amarelos, os rosas e os azuis compoñen unha atmosfera chea de nubes e de soños de cores que provocan un contraste visual na composición, acentúan a sensación de prohibición e encerro ó enfrontar a tenrura dos pasteis coa negatividade acibeche. A dualidade semántica intúese tamén na configuración da obra, na convivencia de liña e xesto, de disciplina e liberdade, nunha loita na que, finalmente, se impón o sentido do lírico e do caligráfico de clara inspiración oriental.