IGLESIA Y TÚNEL
- INV:
- 3361
- Año de creación:
- 1977
- Dimensiones:
- 49 x 64 x 0
- Técnica:
- Acuarela sobre papel
Comentarios
Como un consumado paisaxista, Paisa amosa a escena dende a distancia para conceder tempo e espazo á mirada.A igrexa, a pesar da súa situación nun plano medio, é a protagonista da composición. A monumentalidade do edificio imponse mediante a concreción dos volumes xeométricos e prismáticos. O seu dominio sobre o contorno frustra a sensación de profundidade, de camiño que penetra no interior do túnel continuando a estreita estrada.
O cariño e o mimo respíranse en cada trazo que delata o traballo ben feito, o esmero posto na execución. As tonalidades frías da natureza contribúen a xerar efectos de distancia e proximidade, o verde intenso do campos transfórmase en azul nebuloso das montañas describindo unha paisaxe idílica na que se mantén intacta a harmonía entre a historia e a modernidade, entre o home e o contorno.